domingo, 13 de septiembre de 2015

TRAS OS MONTES - PORTUGAL.




                                       A comarca portuguesa de Tras os Montes limita,  en parte, coas terras fronteirizas de Verín , A Limia,  O Xurés e a zona alta da Galiza fronteiriza con Castela-León.
                                       Vamos a amosar unha cativa mostra do  que podemos ollar e disfrutar por estas terras lusas.     
                                       Escomenzamos visitando a cidade de Chaves, enclave principal de toda esta comarca, perto de unhos 15 km. de Verín.
                                      A cidade é pequena. Ten un núcleo central que fica nun outerio,  onde se ergue a zona antiga, coa  sua torre do Castelo. Unha bonita praza rodeada de edificacións  nobres e xardíns cuidados. As rúas son estreitas e empedradas e temos boas vistas panorámicas do río  Tameiga e parte da cidade.  O lado podemos percorrer parte da antiga Cidadela no Forte de San Francisco.


                   


                                     Castelo de Chaves coa sua Torre do Homenaxe.




                                  Unhos cuidados xardíns resaltan de forma natural a robustez e estilizada Torre.









                            Coqueto espazo natural engalanado por restos de pezas de procedencia román e outras civilización antigas.






                    Cámara de Chaves na praza principal do casco antigo.









                 Igrexa matriz na Praza Principal de Chaves.










                        Chaves.  Praza empedrada e ben definida por nobles construcións que resaltan a sua beleza sinxela e única.












                             Chaves , pazo que foi dos duques de Bragança. Preciosa fachada con columnas adosadas en espiral.







                Sosego e tranquilidade respírase,  nas prazas de Chaves,  a noitiña.













                       Quizás unha das mais belas e bucólicas estampas que podemos atopar en Chaves é o remanso paseo do Río Tameiga o seu paso polo cidade.
Non poderíamos pasar por esta terra sin ver unha das xoias mais salientables. A ponte de orixe Román. Xa sabemos que onde ai termas,  os romanos - como bos sibaritas que eran- asentáronse e deixaron profunda pegada da sua civilización.















                             Seguindo a Ecovia que vai de Chaves a Verín podemos contemplar unhas muy interesantes lagoas o longo do camiño. Atoparemos diversidade de especies de aves acuáticas e migrantes do norte de Europa que veñen pasar aquí a sua particular invernía.









                        Quietude e remanso de paz ofrécenos o carón do paseo do Tameiga,  perto das famosas augas termais de Chaves. Aquí o ladiño están. O carón mesmo do rio.










                           Modernos hotéis perto das termas,  para aloxar as persoas que veñen durante 9 días seguidos a facer as curas das augas termais .  En Portugal está bastante arraigado este tipo de terapias para curar de forma natural as mais diversas doenzas, ou cando menos descansar e recuperar forzas despois dos intensos traballos do verán.








                          En este fermoso parque teñen a entrada as augas termais. Podemos pasar a tomar un groliño de auguiña quente. Son grastuitas. Están bastante concurridas a todas as horas do día, pero como o espazo e amplo, non ai problemas de aforo .  Deberemos esperar unha miga a que enfríe,  sentadiños en unhas cadeiras   de repouso,  pois saen a unhos 77º e así non se poden tomar.











              Adorno de parterre no Parque das termas  de  Chaves . No alto podemos ollar a silueta da Torre do Homenaxe do Castelo.





           Aquí debaixo de este cobertizo-porche está a afamada fonte das termas de Chaves. Con bancos e cadeiras para repousar e deixar enfriar a auga un pouquiño antes da tomar. Entorno moi ben cuidado e limpio.
















              Si saimos da cidade e seguimos  a estrada que vai a Valpaços, perto de unhos 4 km. chegamos a un miradoiro a mán esquerda según o sentido da marcha. Deberemos dar a volta e aparcar.   As vistas son espectaculares de Chaves e o su val. Teremos unha prespectiva inmensa de todo o val do Tameiga e podemos chegar a ollar a mesma serra de San Mamede e a Serra do Invernadoiro en España.








                      Si vos apetece un espazo axeitado, e non muy caro,  para pernoctar,  este hotel pode ser un lugar a ter en conta.
                      Está a unhos tres km do centro e casco histórico da cidade . Situado no alto de un outeiro ten unhas instalación modernas e maravillosas.  As vistas son fantásticas. Pertiño da uotoestrada que vai de Verín a Vila  Real.


                    Destacar a boa impresión que nos causou esta coqueta pero limpa e ben coidada cidade. Sen grandes  reclamos turísticos pero con detalles muy suxerentes e donde o turismo pode ser un elemento que complemente a perfección a laboura dinamizadora e potencialmente prometedora de esta bisbarra do interior portugués. Dixit.    Carlos Novo.



                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario