sábado, 8 de diciembre de 2018

O ALGARVE. PUNTO E APARTE. SETEMBRO 2.018






                    Un ano mais voltamos a pasar unhos días das nosas vacacións neste privilexiado litoral portugués. 
                   Na primeira semán de setembro emprendemos a viaxe . Despois de catro anos percorrendo o Algarve de E. a W. e  a contra,  pensabamos que xa o tiñamos todo visto.
                    Que enganados estabamos. Sempre atopamos novos recunchos e lugares que nos sorprenden gratamente.
                     De esta volta decidimos asentar a nosa estadía no pobo de Alvor. Mellor dito en Peninna. 
                     Alvor e un pequeno pobo mariñeiro sen grandes pretensións,  pero coqueto e ben dotado. Ten una pequena zona de ribeira coa sua mariña e un paseo .
                      Ainda que perante o día parece un pobo sen moita vida, o solpor da tarde,  transfórmase por completo e as suas duas ruas principais ateiganse de curiosos turistas e visitantes que dan boa conta das variadas e coidades viandas que podemos degustar.
                      Todos os establecementos están moi ben decorados e ofrecen unha ampla carta dos praceres do mar. Pescadas, mariscos e todo tipo de peixe de moi boa calidade. 
                       En algún postos incluso podemos escoller nos mesmos o que queremos degustar e cocíñano na nosa presenza mentras tomamos un pequeno entrante ou aperitivo.
                      O meu ver,  o turismo de esta vila é un poouco mais escollido e  mais exquisito que en outras zonas do pais.
                       Alvor posue unha extensa e ampla praia. Tranquila e con suave oleaxe con bos servizos e un bo aparcamento ainda que é de terra - area.                                                                                  






            A igrexia  matriz de Alvor presenta  rasgos típicamente manuelinos.








                        A carón da mariña temos un coqueto paseo mariñeiro ateigado de restaurantes e kioscos para tomar o petiscar calquer vianda.








 Para os amantes do sendeirismo de pouca fatiga,  Alvor posue unas fermosas pistas para percorrer a carón das suas marismas onde podemos respirar aire puro e ollar infinidade de aves que quedan a pasar o verán nestas terras.







                           Aquí temos unha fermosa estampa das marismas que en baixa mar deixan o descuberto unha ampla zoa de dunas e limos.



    


                       Preciosa vista da inmensa praia de Alvor. Tranquilidade e sosego con unhas areas brancas e finísimas. O fondo podemos ollar a vila de Lagos.








                            Outra vista da fermosa praia de Alvor, casi deserta pero de unha beleza e tranquilidade que nos da acougo .









                              Praia de Alvor, dunas e zona da marisma. O fondo a coqueta vila de Alvor.







                           Aquí podemos ollar a bahía de Alvor por donde entra o mar que enche a sua mariña e toda a zona dunar.









                          En Alvor é unha constante como en todo o Algarve os castelos e restos de rochas flotando a carón da orilla da costa. Estes farallóns e restos de rocha que vai erosionando o mar,  serven de lugar de refuxio e crianza de moitas especies de aves mariñas. Por outra banda son un reclamo irresistibel para tirarlles unhas fotos porque son moi fotoxénicos.






     




                                       Estampa da mariña de Alvor onde  podemos ollar os barcos que traen o peixe polas mañás.















                           Percursos de madeira ou de terra batida entrelazan gran parte da zona dunar e da mariña de Alvor. Percorrelos no verán, pola mañan ou a derradeira hora da tarde,  é todo un luxo para os cinco sentidos.








                           Zona dunar de Alvor entre a sua praia e a zoa da mariña interior.





                     



                              Os castelos son unha constante o longo da costa litoral do Algarve e Alvor non ia ser menos. Aquí temos unha pequena mostra.




                                 CONTINUARÁ........