Amigos por naturaleza del monte y todo cuanto lo rodea. Pequeñas rutas de senderismo aptas para casi todos los públicos. Curiosidades e impresiones de nuestros viajes.
sábado, 30 de noviembre de 2019
ARCOS DE VALDEVEZ - PORTUGAL.
Arcos de Valdevez é unha fermosa Vila ceñida polo río Vez, como moza lozana, por un cinturón verde e azul que se espella nas suas ribeiras .
Esta pequena vila non sería o mesmo sin o seu río Vez o que lle debe grande do seu atractivo e vigorosa puxanza.
Pocas vilas coma esta souberon aproveitar a riqueza paisaxística , ecolóxica de de lecer que pon o seu disfrute esta maravillosa ribeira bañada polo río Vez.
Roteriros, paseos, xardíns, parterres, pontes ou pasarelas , parques e zonas de lecer , están maxistralmente diseñados para realzar a sua capacidade de fermosora cara o seu tributario rio Vez.
Sería , por nosa parte unha torpeza, si vistamos esta Vila, non percorrer e descubrir os innumerables atractivos naturais que posúe Arcos de Valdevez o carón do seu manso e limpo río.
Pero no soio do seu rio ( VEZ) vive esta renovada e puxante vila portugresa . Nótase o seu grande esforzo por restaurar os seus moitos monumentos. Ainda que o proceso é lento e labourioso é unha constante en procurar embelecer e restaurar as sus ruas , prazas , igrexas parques e zonas comúns. Vaia por diante o noso recoñecemento e gratitude polo ben facer e bo gusto por tratar de restaurar e mellorar o mais valioso do seu pratimonio artístico , monumental, paisaxístico e ecolóxico.
Fermosísima ribeira de Arcos de Valdevez o carón do seu río
A beleza das ribeiras do rio Vez o seu paso por Arcos é palmaria.
Paseos, pasarelas, pontes e roteiros enmarcan o paso do rio Vez cando pasa o carón da seu vila predilecta. Arcos de Valdevez.
Unha mostra do grande esforzo de restauración dos seus monumentos . Dende aquí temos unha fermosa vista da vila.
Tamén a cultura romana tuvo a sua pegada por estas terras lusas e aquí
quedan testemuñas da sua cultura en aras, miliarios sarcófagos e outras
reliquias.
Fermosísima igrexa adicada a Nosa Sra. da Lapa, no centro da vila de Arcos de Valdevez.
É de xustiza ensalzar e loubar a fermosura do rio Vez o seu paso por Arcos de Valdevez e o mesmo tempo recoñecer a laboura grandiosa e descomunal por embelecer o mellor patrimonio, o seu Río.
Fantástico e grandioso parque de lecer o carón do rio Vez.
O lugar de paseo e lecer mais demandado polos moradores de Arcos, o seu maravilloso Parque o carón do seu fantástico rio Vez.
Vista da marxen esquerda da vila de Arcos .
Pausados e abertos paseos percorren as ribeiras do rio Vez deixando o seu paso fermosas e bucólicas imaxes.
É unha gozada para todos os sentidos gozar e disfrutar destas ribeiras mansas.
Voltaremos a percorrer con maís detemento e tempo esta primorosa vila onde a calma , a beleza e o tempo de vagar van collidos da man. DIXIT.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)