miércoles, 10 de julio de 2013

Parque Nacional Peneda-Gerês-Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Xurés

             

                  Voltamos unha vez mais a percorrer este espazo natural de grandes contrastes e fortes emocións.
                   Aquí a natureza amosanos todo o seu poderío a maxestuosidade.







                  Na subida que nos acerca os cumes da Peneda podemos ver esta paisaxe de pobos espallados por as ladeiras  que  van conformando unha identidade propia de estas altas terras.Pobos claros rodeados por  unha grande masa forestal no seu contorno que os ailla do vento, conserva un certo grao de afianzamento do terreo e proporciona madeira e recursos para os rigores da invernía..








               Por riba dos mil metros de altitude , as condiciois atmosféricas son claramente extremas,  pero grazas a sua orogenese,  aquí recibe unha inchenta ración de auga,  moi importante para os recursos hidricos , regar o solo con moita frescura e poder manter unha floresta bastante  intensa a pesares da sua altitude. As rochas que se foron depositando tras a últimas glaciacións,  deron   pe a estos monolitos en posicións,  as veces,  de castelos de naipes en   equilibrios casi imposibles.












Nas crestas mais altas ,   a chuvia pertinaz , o forte vento e as baixas temperaturas polares,  acaban por deixar estas  grandes masas de rochas graníticas o descuberto onde todo parece un caos e mar de rochas. No cumio central  podese ver o que foi  "Castro" e despois andando a Idade Media o " Castelo" de Castro Laboreiro. Castro por que foi de seu , e Laboreiro polo rio que pasa o carón deste asentamento. 



                




         Pero en estes paraxes non todo e montaña seca e esteril , tamén podemos ver paisaxes de un encanto casi de conto de fadas. Grandes e apacibles vales repousaan cos alubions  arrastrados dos cumes.Aquí temos unha mostra nestre pausado Riocaldo que no mes de xunio xa vay mermado e  en repouso a tributar a suas augas o gran pai Limia no encoro do Lindoso.








          Metidos xa en terras lusitanas,  a primeira imaxe que podemos ver,  e a do rio Homen . Rápidos baixando a galope das rochas conforman un cumio de cadeiras e fervenzas con pozas de auga verde esmeralda como ésta que podemos ollar aquí . A forza e impetuosidade de estes rios de alta montaña e de unha fermosura plástica  incomparable, pero de perigo e moito repeto nas inchentas da invernía.






                Na reserva  Bioxenética de Palheiros os grandes masas forestais son un oasis de paz e sosego para  mamiferos, aves, plantas e todo o que pulula por esta ben conservada reserva. Hay un concienzudo control de todo o que pasa por aquí . Nos meses de verán non se pode deter o vehículo o longo de unhos 10 Klms. para non  danar nin molestar os sosegados seres, plantas rochas, rios e todo o  que vive nesta
reserva.A medida que vamos baixando carfa Gerês o val vaise abrindo e os encoros que fai anos afogaron as terras baixas deron lugar a un pequeno mar interior de fermosura artificialmente  idilica e casi de pisaxes da Zuiza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario