Pola antiga fronteira de Portela D´ Home, estrada OU-312, dende o Parque Natural do Xurés, na provincia de Ourense, Concello de Lobios , entramos no Paque Nacional do Gêres . A Figura de Parque Nacional portugués obriganos a extremar o noso comportamento medioambiental.
En este primeiro tramo de estrada non nos está permitido aparcar o noso vehículo en unhos 9 kilómetros para non molestar a fauna do entorno.
Podemos parar a tomar unhas fotos , si é o caso , pero nada mais. Nos meses de verán e Semana Santa cobran unha pequena tarifa por cruzar este treito do Parque Nacional , sobre 2 euros.
Pozas de auga verde-turquesa no rio Home.
Estas zonas do Parque son muy concurridas por xente que gusta de estar en contacto ca natureza no seu estado primigenio.
Bañistas disfrutando das augas espumosas e brincadeiras do rio Home.
A estrada esta cuberta de unha basta e densa vexetación de coníferas e carballeiras que semellan unha selva.
Esta zona coñecese como a Mata da Albergaria. É frecuente que nos atopemos con animais salvaxes, corzos, xabarín, raposos, e outros cruzando a estrada ou a carón dela. Debemos extremar a nosa precaución a conduccción.
Unha vez que chegamos o encoro da Caniçada temos unas vistas do val maravillosas.
As suas ribeiras están poboadas de caseríos e labrantíos particulares no seu carón.
Semella que estamos nunha praia de mar imetrior. Con pria, parasois, barcas etc.
Encontraremos lugares onde tomar un refresco e un grande aparcadoiro onde espallar a nosa vista . Realmente o lugar ben merece un acougo repousado para contemplar o contraste de verde e azul.
No graderio do fondo de casas espalladas pola ribeira do encoro podemos ver o Santuario de San Bento da Porta Aberta.
Estamos diante do Santuario onde vemos este jardín co seu nome debuxado en mirtos.
Santuario rodeado de grandes aparcadoiros para acollaer os miles de peregrinos e devotos que veñen en romaria.
Diante da fachada principal, atopamos más de vinte casetas de madeira, onde nos ofertan herbas mediciñais para casi todas as doenzas .
Maxestouso lugar onde está asentado o Santuario, favorecido no alto de un outeiro, resalta refulxente.
Este femoso Santuario é visitado por centos de turistas e romeiros o longo do ano . A sua situación e o sue entorno ben merecen que nos acerquemos a coñecelo e degustar e disfrutar tanto da sua figura arquitectónico-relixiosa coma do entorno no que de erixe. Seguro que non vos defraudará.
Interior do mosteiro adicado a San Bento da Porta Aberta.
Muy luminoso e destaca o seu presbiterio alicatado de azulexo pintado con esceas da vida e obra de san Bento.
O carón do santuario antigo, templetes e grandes obras arquitectónicas completan o entramado das instalacións modernas deste Santuario.
O carón do antigo Mosteiro, erixiuse unha igrexa de aspeto modernista , semellante a unha pagoda china, de mellores calidades mediambientais e para acoller mais cantidade de fieis con comodas estancias.
Aspeto modernista das novas instalacións. Aqui todo é mais funcional e donde a madeira vista e o ferro con vidro danlle unha maior luminosidade e frescura.
Os clautros que rodean o novo complexo do templo seguen mostrando esceas da biblia en grandes mosaicos e azulexos refractarios coma unha constante no arte relixioso portugues dende a Edade Media.
Outro claustro cos mesmos motivos decorativos relixiosos.
Nave Central do templo moderno do San Bento da Porta Aberta en Gêres.
Exteriores do templo vello alicatados por azulexo en cenefa .
O val do Gêres ben merece unha visita pola sua grande atracción natural e paisaxística.
Parcelado val de vivendas unifamiliares e de fincas de cultivo onde se dan casi todas as viandas e froito. Invernos non muy rigurosos e veráns cálidos e con moita humidade fan o resto.
O longo do val podemos atopar currunchos tan curiosos coma este miradoirio a veira da estrada onde o verde e a puxante vexetación é prodixiosa.
O encoro da Caniçada deixanos estampas coma ésta .
Tamén podemos admirar estampas tan curiosas coma as igrexas desta zona, onde corpo principal da igrexa e campanario están separados fisicamente en dous elementos independentes pero cercanos.
Vellos e betustos edificios dan fe de un glorioso pasado e da puxanza económica dos tratamentos balnearios, onde ainda acode moita xente a remediar as suas doenzas rehumáticas ou a pasar unhos días de descanso e lecer nun marco incomparable de beleza e armonia coa natureza. Boa e abondante oferta de hoteis, casas rurais e turismo de cartos non faltan en Gêres.
Unha bela estampa de Gêres e o seu casco urbano moderno e funcional.
Natureza e verdor por todas partes en un marco de armonia e frescura natural moi ben conservado e que a nova sociedade portuguesa atinou a integrar de forma maxistral en un entorno privilexiado. Pronto voltaremos. DIXIT.
No hay comentarios:
Publicar un comentario