A comarca portuguesa de Tras os Montes limita, en parte, coas terras fronteirizas de Verín , A Limia, O Xurés e a zona alta da Galiza fronteiriza con Castela-León.
Vamos a amosar unha cativa mostra do que podemos ollar e disfrutar por estas terras lusas.
Escomenzamos visitando a cidade de Chaves, enclave principal de toda esta comarca, perto de unhos 15 km. de Verín.
A cidade é pequena. Ten un núcleo central que fica nun outerio, onde se ergue a zona antiga, coa sua torre do Castelo. Unha bonita praza rodeada de edificacións nobres e xardíns cuidados. As rúas son estreitas e empedradas e temos boas vistas panorámicas do río Tameiga e parte da cidade. O lado podemos percorrer parte da antiga Cidadela no Forte de San Francisco.
Castelo de Chaves coa sua Torre do Homenaxe.
Unhos cuidados xardíns resaltan de forma natural a robustez e estilizada Torre.
Coqueto espazo natural engalanado por restos de pezas de procedencia román e outras civilización antigas.
Cámara de Chaves na praza principal do casco antigo.
Igrexa matriz na Praza Principal de Chaves.
Chaves. Praza empedrada e ben definida por nobles construcións que resaltan a sua beleza sinxela e única.
Chaves , pazo que foi dos duques de Bragança. Preciosa fachada con columnas adosadas en espiral.
Sosego e tranquilidade respírase, nas prazas de Chaves, a noitiña.
Quizás unha das mais belas e bucólicas estampas que podemos atopar en Chaves é o remanso paseo do Río Tameiga o seu paso polo cidade.
Non poderíamos pasar por esta terra sin ver unha das xoias mais salientables. A ponte de orixe Román. Xa sabemos que onde ai termas, os romanos - como bos sibaritas que eran- asentáronse e deixaron profunda pegada da sua civilización.
Seguindo a Ecovia que vai de Chaves a Verín podemos contemplar unhas muy interesantes lagoas o longo do camiño. Atoparemos diversidade de especies de aves acuáticas e migrantes do norte de Europa que veñen pasar aquí a sua particular invernía.
Quietude e remanso de paz ofrécenos o carón do paseo do Tameiga, perto das famosas augas termais de Chaves. Aquí o ladiño están. O carón mesmo do rio.
Modernos hotéis perto das termas, para aloxar as persoas que veñen durante 9 días seguidos a facer as curas das augas termais . En Portugal está bastante arraigado este tipo de terapias para curar de forma natural as mais diversas doenzas, ou cando menos descansar e recuperar forzas despois dos intensos traballos do verán.
En este fermoso parque teñen a entrada as augas termais. Podemos pasar a tomar un groliño de auguiña quente. Son grastuitas. Están bastante concurridas a todas as horas do día, pero como o espazo e amplo, non ai problemas de aforo . Deberemos esperar unha miga a que enfríe, sentadiños en unhas cadeiras de repouso, pois saen a unhos 77º e así non se poden tomar.
Adorno de parterre no Parque das termas de Chaves . No alto podemos ollar a silueta da Torre do Homenaxe do Castelo.
Aquí debaixo de este cobertizo-porche está a afamada fonte das termas de Chaves. Con bancos e cadeiras para repousar e deixar enfriar a auga un pouquiño antes da tomar. Entorno moi ben cuidado e limpio.
Si saimos da cidade e seguimos a estrada que vai a Valpaços, perto de unhos 4 km. chegamos a un miradoiro a mán esquerda según o sentido da marcha. Deberemos dar a volta e aparcar. As vistas son espectaculares de Chaves e o su val. Teremos unha prespectiva inmensa de todo o val do Tameiga e podemos chegar a ollar a mesma serra de San Mamede e a Serra do Invernadoiro en España.
Si vos apetece un espazo axeitado, e non muy caro, para pernoctar, este hotel pode ser un lugar a ter en conta.
Está a unhos tres km do centro e casco histórico da cidade . Situado no alto de un outeiro ten unhas instalación modernas e maravillosas. As vistas son fantásticas. Pertiño da uotoestrada que vai de Verín a Vila Real.
Destacar a boa impresión que nos causou esta coqueta pero limpa e ben coidada cidade. Sen grandes reclamos turísticos pero con detalles muy suxerentes e donde o turismo pode ser un elemento que complemente a perfección a laboura dinamizadora e potencialmente prometedora de esta bisbarra do interior portugués. Dixit. Carlos Novo.