Para comenzar esta ruta debemos ir ata aldea de Sistelo perto do Parque Nacional da Peneda Gerês.
Podemos tomar a N- 101 en Monçao e sen perda chegaremos a Sistelo.
Sistelo é unha fermosa aldea rodeada de montañas e asentada sobor unha terraza. Está muy ben conservada e notase o proceso intensivo de renovación de casas, etnografía , ruas, prazas . Conta con unha igrexa moi ben resturada e un pequeno pazo que pertenceu o bisconde de Sistelo, oxe en día en restauración. Ten bares, casas rurais e algún restaurante, Ben merece unha detida e tranquila visita .
Nembargantes o que mais destaca de esta aldea é a sua orografía e os seus recursos naturais e paisaxísticos. As suas terras de cultivo , por ser zona de montaña moi escabrosa, está diseñada, desde tempos moi antigos en socalcos, para poder reter a terra e poder cultivar as suas viandas e os seus frutais.
Últimamente decidiron por en valor todos os recursos naturais que atesoran e restauraron casa rurais, fornos, muiños e unha basta rede de sendeiros de alta e media montaña.
Un dos sendeiros que mais atrae o público e a ruta dos Pasadizos do rio Vez.
Esta fermosa ruta fluvial percorre o alongo do rio Vez unha distancia de mais de 30 kilómetros que nos levarán ata vila de Arcos de Valdevez en unha baixada continuada de unhos 400 metros de desnivel. A ruta podese acceder dende diversos puntos do seu percorrido, pero o tramo maís espectaculasr e con mellor riqueza natural son os primeiros kilómetros perto de Sistelo.
Igrexa de Sistelo, primorosamente conservada.
Praza principal de Sistelo
Vista da parte alta da aldea de Sistelo.
Rua principal de Sistelo.
Pazo de Sistelo en restauración.
Rua que nos leva os Pasadizzos de Sistelo na Ecovia do rio Vez.
Cascadas do rio Vez.
O rio Vez posue unha maravillosa variedade de flora na suas ribeiras.
Cascada do rio Vez vista dende a marxen contaria o anterior fotograma.
Terreos de cultivo en socalcos nos arredores da aldea de Sistelo.
Estas son os pasadizzos do rio Vez que logran salvar zonas sumerxibles ou de difícil acceso para continuar a senda.
Indicadores que nos marcan a ruta e a distancia percorrida.
Curso fluvial do rio Vez, a finais de outubro levaba pouca auga para o seu caudal en tempos de inchenta ou invernais
Destacar os numerosos remansos e pozas de cristalina auga que posue este rio.
Os pazadizzos do rio Vez levannos por lugares de unha beleza extrordinaria.
Ruta que vai todo o tempo acompañando o rio Vez ata a zona de Vilela.
Sistelo rodeada de terras de cultivo en socalcos.
Esta fermosa e atrainte ruta é moi doada de facer , é peonil e non están permitidas as muntain bikes e calquera vehículo a motor . Recordar que é unidireccional e si temos que voltar o inicio ten que facerse polo mesmo camiño, a non ser que vayamos dous grupos e deixemos os coches en dous puntos de acceso diferentes e intercambiar as chaves cando nos tropecemos para reunirnos logo nun punto acerdado de antemán. A continuación da ruta desde Vilela ata Arcos de Valdevez é moi diferente, completamente chaira e morfoloxicamente a paisaxe totalmente de ribeira. Pero eso quedará para outra ocasión. DIXIT.
No hay comentarios:
Publicar un comentario